🎠 As persoas interesadas en visitar Pazolandia deberán realizar a súa inscrición únicamente a través de WhatsApp, para garantir que se respecte o horario de reserva de praza.

🎟️ As prazas son limitadas, polo que se recomenda facer a reserva canto antes. 📅 A visita terá lugar o 27 de decembro, día no que todos os inscritos poderán gozar das actividades preparadas.

✨ Non perdas a oportunidade de participar nesta experiencia única!