DEPORTES E PAVILLÓN MUNICIPAL
Pavillón Municipal
O Concello dispón dun pavillón, unha instalación deportiva situada na Chaira, ao carón do Colexio Público Ben-Cho-Shey.
Horario
O pavillón está aberto ao público de luns a venres de 16.00 a 23.00 h
988 259 385 / 988 259 839
A instalación non dispón de teléfono pero para calquera consulta poden chamarnos a estes teléfonos (Concello / Biblioteca Pública)
O Concello dispón dunha instalación deportiva situada na Chaira, ao carón do Colexio Público Ben-Cho-Shey.
Os servizos que se ofertan van dende o aluguer das pistas polideportivas para a práctica de deportes como o fútbol e o baloncesto, ximnasio, ata unha oferta variada de actividades destinadas á poboación en xeral.
• Ximnasia de mantemento (actividade anual)
• Cachibol
• Xogos pre-deportivos e cooperativos nas vacacións de verán dos/as nenos e nenas
• Escolas deportivas (mini-basket, fútbol, karate infantil, psicomotricidade, etc.)
• Aeróbic
• Kick-boxing
• Día da Bici