Os Mecos Entroido 2026

Desde o Concello do Pereiro anímase á participación cidadá para dar visibilidade a todos os mecos espallados polo municipio. As persoas que o desexen poden enviar fotografías indicando o lugar onde foron tomadas para difundilas nas redes sociais municipais e compartir así o espírito do Entroido con todo o mundo .

📲 As imaxes poden enviarse por WhatsApp ao 685 528 538 ou por correo electrónico a [email protected].

O Entroido é tradición, sátira e festa… e no Pereiro, tamén é participación! 🥳🎉
Que non quede ningún meco sen ver! 😜👺