O Concello do Pereiro celebra un ano máis “Olla o Nadal”, unha actividade xa tradicional coa que se busca poñer en valor as aldeas, lugares e vivendas do municipio nestas datas tan especiais. 🏘️✨

Como cada ano, a veciñanza está convidada a enviar fotografías das súas localidades, casas, xardíns e espazos decorados para o Nadal 📸🎅. Unha maneira de amosar a beleza e identidade de cada recuncho do concello.

As imaxes poden remitirse ao correo:
📧 cultura@concellopereiro.com

Dende o Concello destacan que esta actividade, moi agardada pola veciñanza, contribúe a reforzar o sentimento comunitario e a manter viva a ilusión destas festas 🎁🤝.