A Biblioteca Municipal do Pereiro celebra este mes de decembro dous Obradoiros de Nadal pensados para que as nenas e nenos poidan desfrutar dun tempo creativo e festivo 🎄✂️.
- O 15 de decembro terá lugar o obradoiro destinado a nenos e nenas de 5 a 8 anos
- O 18 de decembro será a quenda dos maiores de 8 anos 👧🧒.
Ambas as actividades desenvolveranse de 17:30 a 18:30 horas, nun ambiente cheo de maxia e espírito navideño ⭐.
As inscricións deben realizarse directamente na Biblioteca, ou no teléfono 988 25 98 39 ☎️.
Dende o Concello do Pereiro animamos a todas as familias a participar nestas propostas educativas e divertidas que enriquecen a programación de Nadal no Pereiro 🎅📖

