OBRADOIRO DE AUTODEFENSA FEMINISTA

O CIM do Pereiro organiza unhas sesións de autodefensa feminista coas que se pretende que as mulleres do noso municipio aprendan técnicas de autoprotección e protocolos básicos para mellorar a seguridade e aumentar a autoestima e autoconfianza.

Impartiranse por Cristy Shedimar Tojo, facilitadora de autodefensa feminista con case tres décadas de experiencia no mundo das artes marciais, tendo sido campioa de Europa de parakarate (2019) e contando con 19 medallas estatais en diferentes modalidades.

O obradoiro terá lugar no centro de actividades de Os Gozos en dúas sesións, o venres 8 de maio e o venres 22 de maio en horario de 17:00 a 19:00 horas.

A finalidade do curso é que a muller teña ferramentas suficientes para sentirse segura ante unha situación de risco en todos os ámbitos da súa vida.

As interesadas poderán inscribirse a partir de hoxe nas oficinas do CIM sitas no concello do Pereiro, chamando aos teléfonos: 699.583.252 / 988.032.554 ou enviando unha solicitude ao correo electrónico: [email protected] indicando: nome, apelidos, data de nacemento e teléfono/c-e de contacto.