A Praza do Concello acollerá o vindeiro 13 de decembro, de 11:00 a 18:00 horas, unha nova edición do Mercadillo Solidario de Nadal 🛍️, unha cita xa consolidada dentro da programación de Nadal no Pereiro.
Neste evento participarán ASPANAS, AECC Ourense, a Asociación de Diabetes Auria e o alumnado de 6º de Primaria do CEIP Ben-Cho-Shey, que recadarán fondos para a súa viaxe de fin de curso. O mercadillo ofrecerá diferentes produtos, obradoiros e propostas solidarias abertas a toda a veciñanza 🤝✨.
Dende o Concello do Pereiro convídase a todas as familias a achegarse e colaborar con esta iniciativa que combina espírito navideño 🎅, comunidade e solidariedade, apoiando o traballo das asociacións locais e da comunidade educativa ❤️.


