LIMPEZA E ROZA DE PARCELAS URBANAS OU DE NÚCLEO RURAL
INFORMACIÓN IMPORTANTE
A roza de leiras para previr incendios en Galicia é UNHA OBRIGACIÓN LEGAL responsabilidade do propietario do terreo
Limpeza e roza de parcelas urbanas ou de núcleo rural.
Segundo a Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora dás Bases de Réxime Local, os propietarios de parcelas urbanas ou de núcleo rural, delimitadas no PXOM, han de mantelas limpas e valadas, evitando que se convertan en focos de insalubridade ou inseguridade.
Así mesmo, estas parcelas deben manterse limpas de maleza e vexetación e non poderá haber as especies sinaladas na disposición adicional terceira da lei 3/2007 (piñeiro, acacia, eucalipto, xestas, toxos, silvas, ….)
Faixas secundarias de xestión da biomasa.
A lei establece que os propietarios de terreos forestais deben manter as súas parcelas limpas de maleza e vexetación e sen a presenza das especies sinaladas na disposición adicional terceira da lei 3/2007 para previr incendios forestais.
É obrigatorio rozar unha franxa de 50 metros ao redor de zonas habitadas, vivendas illadas e outras edificacións, según se establece no Plan Municipal de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais.
Estás franxas poden ser consultadas a través da aplicación da Xunta de Galicia na que se pode visualizar directamente a parcela e a información da mesma no referente a superficie que hai que xestionar.

