LEMBRADO AS OBRIGAS SOBRE MEDIDAS PREVENTIVAS CONTRA OS INCENDIOS FORESTAIS 2026

 O ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DO PEREIRO DE AGUIAR.

FAI SABER:

Que segundo a normativa vixente, tanto ordenanzas municipais como normativa da Xunta de Galicia, É OBRIGA de tódolos cidadáns o MANTER DESBROZADAS E LIMPAS de lixo, entullos e maleza as parcelas da súa propiedade que se encontren dentro da delimitación de solo de Núcleo Rural ou faixas secundarias de protección, segundo as delimitacións recollidas no PLAN MUNICIPAL DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA OS INCENDIOS FORESTAIS. Dito Plan pódese consultar na páxina web do concello

Nesa mesma faixa de protección, non poderá haber especies que favorezan a propagación do lume como PIÑEIROS, EUCALIPTOS, ACACIAS, TOXOS, XESTAS, SILVAS….. 

Podes atopar máis informacion sobre as faixas na sección de medioambiente desta web

As especies arbóreas non poden invadir os viais públicos, e debera o seu pé estar situado a unha distancia mínima de 2 m. do peche do terreo.

Os danos que se poidan ocasionar nos bens ou propiedades dos lindeiros no caso de verse afectadas por incendios forestais, SERÁ RESPONSABILIDADE DOS PROPIETARIOS DAS PARCELAS QUE NON CUMPLAN A NORMATIVA.

Lémbrase tamén, que a administración pode repercutir os gastos de extinción dun incendio ás persoas responsables de non cumprir coa obriga de limpeza e xestión da biomasa vexetal e polo incumprimento das distancias mínimas, segundo as mencionadas Leis 3/2007, 43/2012 e 7/2012, de prevención de incendios forestais e de montes de Galicia.

Moitas grazas pola súa colaboración.