Situado na provincia de Ourense, na estrada do Pereiro de Aguiar a Trives, aproximadamente a 8 km, atópase o Hotel Restaurante Os Caracoles.

RESTAURANTE

No noso restaurante podes gozar dun ambiente tranquilo e agradable, cun coidado servizo.

As nosas instalacións ofrecen ao cliente varias salas e comedores privados para celebrar xantares de negocios e banquetes, así como reunións familiares dun xeito totalmente independente do resto das celebracións.

Ademais, no restaurante, ofrecémosche unha zona ao aire libre onde gozar dunha selección de tapas e racións e, onde podes ter un espazo ao aire libre onde pasar un tempo tranquilo nun bo ambiente.

Cunha coidada selección de produtos de primeira calidade e unha exquisita preparación, o restaurante ofrécelle un amplo menú de cociña tradicional galega de peixe e carnes á brasa, así como unha oferta de menús que se renovan con frecuencia.

 

HOTEL

Sempre atentos ás túas necesidades, destacamos o trato familiar co que se reciben aos nosos hóspedes e clientes, para que a súa estancia sexa inesquecible.

Ven pasar unha fin de semana en parella, celebra o teu bautizo, comuñón,  voda ou cea cos amigos no noso restaurante.

Goza da natureza e da cultura do concello ou da Ribeira Sacra, un enclave turístico por excelencia da zona.

AGARDÁMOSTE.

Dirección

Dirección:

A Derrasa- 32792 Pereiro de Aguiar, Ourense

GPS:

42.322028053119, -7.783918623935

Teléfono:
Web:

-

Contactar

Deixar unha opinión

captcha-input
Precio
Ubicación
Personal
Servicio
Comida
Publishing ...
Your rating has been successfully sent
Please fill out all fields
Captcha check failed
ABEL 19/09/2022 17:11
Precio
Ubicación
Personal
Servicio
Comida

EXCELENTE CALIDAD-PRECIO-SERVICIO.