Concurso de Beléns

Concurso de Beléns

BASES DO CONCURSO DE ADORNOS NAVIDEÑOS “NADAL NO PEREIRO”

1. OBXECTO:

O Concello do Pereiro de Aguiar quere darlle visibilidade ás nosas parroquias e centros de maiores do municipio nestas datas de Nadal.

2. PARTICIPANTES:

Poden participar todas as PARROQUIAS, ASOCIACIÓNS E RESIDENCIAS do municipio.

3. MATERIAIS EMPREGADOS:

Os materiais a empregar son libres, podendo utilizar todos os que os participantes decidan, sexan comprados ou elaborados por eles mesmos.

4. INSCRICIÓNS:

As inscricións están abertas dende a publicación destas bases ata o día 20 de decembro. É imprescindible inscribirse na actividade para poder participar, e pódese facer do seguinte xeito:

 Na Biblioteca Pública, no enderezo electrónico cultura@concellopereiro.com ou no teléfono de contacto 988 25 98 39 ou 685 52 85 38.

5. XURADO:

O xurado estará formado por persoal da Área de Cultura e a Concelleira de Área de Benestar Social, Festexos, Ocio e Tempo Libre.

6. VALORACIÓN:

Debido a situación xerada pola Covid-19 e ante a imposibilidade de acceder ás Residencias, estas deberannos enviar fotografías do Belén ao enderezo cultura@concellopereiro.com , ou ben por WhatsApp ao 685 52 85 39, identificando as fotos e co nome e teléfono da persoa de contacto.

Para a valoración dos Beléns, o xurado terá en conta os seguintes criterios:

  1. a)  Deseño.
  2. b)  Orixinalidade.
  3. c)  Tamaño da obra.

O fallo do xurado será o día 30 de decembro, sendo este inapelable. Os participantes comprométense a aceptar a decisión do xurado.

7. PREMIO:

Os gañadores comunicaranse a través da web do Concello, e por vía telefónica.

Premio único de 60,00€.

ESTE ANO, E CON MOTIVO DO COVID 19, NON SE FARÁ ENTREGA DE PREMIOS, CADA PERSOA DEBERÁ VIR A RECOLLELO Á BIBLIOTECA PÚBLICA NA DATA E HORA QUE SE LLE ASIGNE.