Concurso de Adornos

Concurso de Adornos

BASES DO CONCURSO DE ADORNOS NAVIDEÑOS “NADAL NO PEREIRO”


1. Obxecto:

O Concello do Pereiro de Aguiar presenta a II edición do Concurso de adornos de Nadal, iniciativa enmarcada no proxecto “Nadal no Pereiro” polo que se adornará unha árbore na Praza do Concello, onde os participantes colgarán o seu adorno.

2. Participantes

Poden participar todos os veciños e veciñas do Concello, de calquera idade. Os adornos terán relación coas datas de Nadal, e os participantes terán plena liberdade en canto a técnica e o estilo a empregar. Establecerase unha categoría de infantil, para nenos e nenas de entre 1 e 16 anos e outra de adultos, a partir de 16 anos.

3. Materiais empregados

Cada participante pode presentar dous adornos que deben ser de elaboración propia, é dicir, non poden mercarse como tal. Os materiais a empregar son libres. É imprescindible que os adornos poidan colgarse na árbore, non podendo empregarse polo tanto o resto de espazos para tal fin.

4. Inscricións

As inscricións están abertas do 14 ao 18 de decembro, ámbolos incluídos. É imprescindible inscribirse na actividade para poder participar, e pódese facer do seguinte xeito:

1. Chamando á Biblioteca Municipal: 988 25 98 39 ou 685 52 85 38. 2. A través do enderezo electrónico [email protected]. Unha vez inscritos, deben enviar unha fotografía do adorno acompañada dos datos do participante a través de WhatsApp ou por correo electrónico, entre o 18 de decembro e o 29 de decembro.

5. Xurado: O xurado estará formado por persoal da Biblioteca e a Concelleira de Área de Benestar Social, Festexos, Ocio e Tempo Libre. 6. Valoración: Para a valoración dos elementos decorativos de Nadal, o xurado terá en conta os seguintes criterios:

a) Deseño.

b) Orixinalidade.

c) Utilización de recursos reciclados ou da natureza.

Una vez recibidas as comunicacións de participación, o xurado comprobará que se colocou o adorno, xa que temos que ter en conta que ao estar ao aire libre, as condicións meteorolóxicas poden estragalo antes da data do fallo. Cada membro do xurado puntuará a decoración de 1 a 5 puntos. A suma de todos os puntos recibidos polos membros do xurado, dará lugar aos gañadores do concurso. O fallo do xurado será o día 30 de decembro, sendo este inapelable. Os participantes comprométense a aceptar a decisión do xurado.

7. Premios

Os gañadores comunicaranse a través da web do Concello e por vía telefónica.  Categoría infantil: Lote de libros.  Categoría adultos: Lote de libros. ESTE ANO, E CON MOTIVO DO COVID 19, NON SE FARÁ ENTREGA DE PREMIOS, CADA PERSOA DEBERÁ VIR A RECOLLELO Á BIBLIOTECA PÚBLICA NA DATA E HORA QUE SE LLE INFORME.