Bando Servizo de Recollida de Enseres a Domicilio.

Bando Servizo de Recollida de Enseres a Domicilio.

O Concello do Pereiro de Aguiar comunica que a Deputacion Provincial de Ourense, como prestadora do servizo, avisa do reinicio da actividade do Servizo de Recollida de Enseres a Domicilio.

Todas as persoas interesadas deberán poñerse en contacto co Concello:

Deben indicar:

  • Nome e Apelidos
  • Dni
  • Enderezo da recollida
  • Telefono de contacto
  • Lista detallada dos enseres que precisan que lles recollan (os enseres que non aparezan no aviso non serán recollidos, en ningún caso se recollerán escombros, restos de obra, lixo, pneumáticos ou cristais entre outros)Tras recibir o aviso o Concello trasladarao á Deputación que se porá en contacto cos solicitantes no telefono de contacto para concretar a recollida.

 

PÍDESE AOS VECIÑOS E VECIÑAS non depositar os trastos ao lado dos contedores ata que os encargados do servizo concerten unha cita para a recollida.
Descargar Bando