Bando contedores Parque empresarial

Bando contedores Parque empresarial

TRAS OBSERVAR DE XEITO REITERADO OS CONTEDORES PÚBLICOS PARA RESIDUOS DOMÉSTICOS DENTRO DALGUNHAS PARCELAS DAS NAVES DO PARQUE EMPRESARIAL, RECORDÁSELLES QUE ESTÁ PROHIBIDO, SEN NINGÚN TIPO DE EXCEPCIÓN, TER O CONTEDOR VERDE DENTRO DOS SEUS RECINTOS PRIVADOS, OS CONTEDORES SON DE TITULARIDADE PÚBLICA, NON ESTANDO ADXUDICADOS A NINGUNHA EMPRESA EN PARTICULAR, E DAN SERVIZO SOAMENTE AO LIXO DE TIPO DOMÉSTICO XERADO NOS PROPIOS VIAIS OU SIMILARES AOS DOMÉSTICOS XERADOS POLAS EMPRESAS E SEMPRE DEBEN ESTAR SITUADOS NA VIA PÚBLICA.

Segundo a “Ley 22/2011, de 28 de julio, de residuos y suelos contaminados, Publicado en BOE núm. 181 de 29 de Julio de 2011” diferenciase entre:

  • «Residuos domésticos»: refugallos xerados nos fogares como consecuencia das actividades domésticas. Considerándose tamén residuos domésticos os similares xerados en servicios e industrias, os residuos procedentes de limpeza de vías públicas e zonas verdes.
  • «Residuos industriais»: refugallos resultantes dos procesos de fabricación, transformación, utilización, consumo, limpeza ou de mantemento xerados pola actividade industrial, excluídas as emisións á atmosfera reguladas na Lei 34/2007, de 15 de novembro. (https://sirga.xunta.gal/presentacion-tipos-de-residuos)

Tendo en conta que unha instalación industrial na que se realiza un proceso produtivo, sempre existe fluxo de xeración de residuos que non son domésticos, considérase a estas persoas xurídicas produtoras de residuos e establécese entre as súas obrigas a de xestionar os residuos industriais que produce ou posúe por medio dun xestor autorizado (https://sirga.xunta.gal/xestores), pois a lexislación establece que os custes relativos a xestión dos residuos industriais terán que correr a cargo de quen os produce, correspondéndolle as entidades locais (Concellos ou Deputacións) o servizo de recollida, transporte e tratamento dos residuos domésticos xerados en fogares, comercio, industrias e servizos.

MOITAS GRAZAS POLA SÚA COLABORACIÓN.

 

DESCARGAR BANDO