A Escola Infantil pechará en agosto

A Escola Infantil pechará en agosto

 

Segundo o previsto no artigo 25.2 do Regulamento de Réxime Interno das Escolas Infantís xestionadas polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, a Escola Infantil de Pereiro de Aguiar permanecerá pechada durante o mes de agosto.

As persoas que desexen presentar a súa solicitude de praza de novo ingreso (código de procedemento BS404A) para a baremación no proceso extraordinario de setembro (artigo 20.3 RRI), poderán facelo a través da Sede electrónica no seguinte enlace: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=BS404A&ano=2024&numpub=1&lang=gl ou no rexistro do Concello do Pereiro de Aguiar sito na Praza do Concello, 1. en aplicación do previsto no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

 

O prazo para a súa presentación rematará o 31 de agosto de 2023 (artigo 20.3 RRI).

 

Os impresos para a formalización da preinscrición así como a documentación que debe achegarse están dispoñibles nos enderezos electrónicos de https://sede.xunta.gal http://politicasocial.xunta.gal e http://www.igualdadebenestar.org