Concerto de Nadal Academia Musical do Pereiro

O Concello do Pereiro informa da celebración do Concerto de Nadal da Academia Musical do Pereiro 🎶, a cargo dos nenos e nenas da Escola de Pereiro.

🎶 O concerto terá lugar o domingo 21 de decembro, ás 12.30 horas, no 📍 Auditorio dos Gozos. Trátase dunha actividade cultural enmarcada na programación de Nadal, que pon en valor o traballo desenvolvido polo alumnado e o profesorado da academia ao longo do curso.

Dende o Concello convídase á veciñanza a asistir a este evento, pensado para gozar da música e do espírito do Nadal 🎄 nun ambiente familiar e participativo.