CHARLA PARTICIPATIVA SOBRE OS NOSOS DEREITOS COMO PERSOAS CONSUMIDORAS

A Xunta de Galicia a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia adscrito á Consellería de Emprego, Comercio e Emigración con motivo do día internacional das persoas consumidoras, que se celebra o 15 de marzo, convídavos a participar nunha charla online.

A charla participativa sobre Os nosos dereitos como persoas consumidoras, terá lugar o VENRES día 13 de MARZO ás 12:30 horas a través da nosa Aula Virtual.

De querer participar, comunícao ao enderezo electrónico [email protected], posto a súa disposición, ademais do teléfono 881999091.

Así mesmo, toda aquela persoa ou entidade que desexe participar, unicamente ten que acceder o vindeiro venres 13 DE MARZO ás 12.30 á nosa web.

Para participar:

1º Entra na web do IGCC: https://consumo.xunta.gal/gl

2º Pincha na foto que ves na páxina principal á dereita que pon AULA VIRTUAL

3º Verás que estás na AULA VIRTUAL DE CONSUMO, preme na ligazón que pon “VENRES DE CONSUMO RESPONDE”.

4º Preme na ligazón que pon “Videoconferencia”.

5º OLLO! Se non ten Webex instalado, preme en “Únase desde el navegador “

6º UNIRSE Á REUNIÓN