DESTINATARIOS
Nenos e nenas empadroados no Concello do Pereiro de Aguiar, de entre 8 e 15 anos. Ofértase un total de 35 prazas por quenda no campamento de O Corgo (Concello de Muíños).
DATAS DO CAMPAMENTO
As estancias están distribuídas en dúas quendas, aínda que se non se alcanza un grupo mínimo de 30 nenos e nenas en cada unha, agruparanse todos os participantes nun só grupo, que sería do 21 ao 25 de Agosto e comunicaríase vía email aos admitidos.
1ª QUENDA: 16 ao 20 de agosto: Os nados entre o 01/01/2006 e o 31/12/2009 (8 a 11 anos)
2ª QUENDA: 21 ao 25 de agosto: Os nados entre o 01/01/2002 e o 31/12/2005 (12 a 15 anos)
PRAZO DE SOLICITUDE, ADMISIÓN E PAGO DE INSCRICIÓN
SOLICITUDES:
Do 1 ao 16 de xuño, ámbolos dous incluídos no rexistro do Concello do Pereiro de Aguiar en horario 9:00h a 14:30h.
Admítense solicitudes a través da sede electrónica.
PUBLICACIÓN DA LISTA DE ADMITIDOS:
A partir do día 20 de xuño publicarase a lista de admitidos e excluídos na páxina web do concello. A admisión farase por estricta orde de rexistro.
PAGO DE INSCRICIÓN:
Ingreso na conta número detallando o nome do neno/nena:
(ES87 2080 5326 9031 1001 3007)
Os admitidos abonarán o importe da inscrición e aportarán a copia do ingreso na biblioteca municipal, ata o 5 de xullo.
A non presentación do xustificante do pagamento dentro do prazo correspondente supoñerá a baixa definitiva e a perda de todos os dereitos de participación na actividade. Anexos dispoñibles no Concello do Pereiro de Aguiar, www.concellopereiro.com, ou na Biblioteca Municipal.
PREZO
Inscrición: 65€
Unha vez efectuado o ingreso correspondente NON se devolverá o importe satisfeito, salvo que se acredite con anterioridade de 48 horas a imposibilidade do neno/a de asistir mediante certificado médico.
DOCUMENTACION NECESARIA
Anexo I – Solicitude de praza.
Anexo II- Autorización de asistencia ao
campamento.
Anexo III – Datos médicos.
Anexo IV- Declaración de saber nadar.
Anexo V- Autorización para publicación de
fotografías.
Fotocopia do DNI.
Unha fotografía recente.
Fotocopia da tarxeta sanitaria.
Copia do ingreso bancario.