Estas bases teñen como finalidade o establecemento do sistema, procedemento e baremos das probas que se aplicarán na selección de persoal laboral temporal, a tempo completo, para cubrir as prazas necesarias para a constitución no municipio do Pereiro de Aguiar dunha (1 ) Brigada de prevención e defensa contra incendios forestais para este ano 2021, composta de cinco membros:
- 1 Xefe de Brigada
- 3 Peóns de Brigada
- 1 Peón – Condutor con carné de conducir clase B
Esta contratación estará subvencionada pola Consellería do Medio Rural ao abeiro do Convenio interadministrativo subscrito entre a Consellería do Medio Rural e a entidade local do Pereiro de Aguiar para a participación na prevención e a defensa contra os incendios forestais durante o ano 2019, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014 – 2020.
Serán funcións a desempeñar polos/as contratados/as as establecidas no “Convenio Interadministrativo subscrito entre a Consellería do Medio Rural e a entidade local do Pereiro de Aguiar para a participación na prevención e a defensa contra os incendios forestais durante o ano 2019, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014 – 2020”, asinado con data do 24 de xuño de 2019.
O 28.12.2020 asinase a Terceira Addenda ao Convenio interadministrativo subscrito entre a Consellería do Medio Rural e a entidade local do Pereiro de Aguiar para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais durante o ano 2019 cofinanciado parcialmente co fondo europeo agrícola de desenvolvemento rural (FEADER) no marco do PDR de Galicia 2014 – 2020, de xeito que o prazo de vixencia do convenio quedou ampliado ata o 31.12.2021.
DESCARGAR RESOLUCIÓN