O Concello do Pereiro de Aguiar, a través da Área de Cultura e da Biblioteca Municipal convoca o “VI CONCURSO DE MARCAPÁXINAS”, para conmemorar o Día do Libro o próximo 23 de abril.
Participantes:
Nenos e nenas de entre 3 e 15 anos. Estableceranse tres categorías:
- De 3 a 6 anos.
- De 7 a 10 anos.
- De 11 a 15 anos.
A participación no concurso implica a aceptación das bases.
Formato:
O marcapáxinas a presentar deberá ter unhas medidas de 5x20cm e o deseño realizarase por unha das caras. Pola parte traseira, levará o pseudónimo que identifique o traballo e a idade.
Presentación:
Os traballos presentaranse de xeito presencial na Biblioteca, de luns a venres de 9.45h. a 13.30 h. ou de 16.00 a 19.45 h.
Xunto co marcapáxinas, entregaranse nun sobre pechado os datos identificativos, nome e apelidos, idade e número de teléfono. Por fora levará o pseudónimo que se corresponderá co que aparece no marcapáxinas.
Poderanse presentar un máximo de 2 por participante.
Prazo de presentación:
O prazo comeza no momento de publicación das bases, e remata o 21 de abril.
Dereitos de propiedade
Cada participante cede tódolos dereitos en relación co traballo realizado e presentado ao Concello do Pereiro de Aguiar. Do mesmo xeito cédense os dereitos de manipulación, edición, exposición e reprodución das imaxes.
Selección dos marcapáxinas gañadores
Á hora de valorar, os membros do xurado terán en conta a orixinalidade, a imaxinación, a estética do marcapáxinas, a técnica e a variedade de materiais empregados así como o resultado final.
Xurado e fallo:
O xurado será elixido pola organización, e o fallo emitirase o día 23 de abril. Os gañadores do concurso comunicaranse mediante vía telefónica aos interesados e a través da web e das redes oficiais do Concello.
O xurado escollerá 18 marcapáxinas gañadores, 6 por categoría.
Premios:
Os traballos seleccionados serán impresos e repartidos nos colexios e tamén estarán dispoñibles para todos os usuarios da Biblioteca Pública do Pereiro de Aguiar.

