Axudas do concello do pereiro de aguiar para adquisición de libros de texto e/ou material escolar de educación infantil para o curso 2025/2026
Prazo de presentación
- Finalizará o 30 de setembro de 2025.
Contía da axuda
- 90 euros para os cursos de 4º, 5º e 6º de Educación Infantil (3, 4 e 5 anos)
Destinatarios
As familias con menor poder adquisitivo do Concello do Pereiro de Aguiar que cumpran os
seguintes requisitos:
- Convivir con menores ao seu cargo, escolarizados en centros de ensinanza públicos ou privados en tramos concertados en Educación Infantil.
- Estar todos os membros da unidade de convivencia empadroados no Concello do Pereiro de Aguiar como mínimo desde o 1 de xaneiro de 2025.
- Non superar os 8.500,00 € de renda per cápita anual (Computarase un membro máis no caso de presentar algún deles unha discapacidade igual ou superior ao 33%)
Documentación a presentar
- Anexo I de solicitude
- Anexos II e III.
- DNI/NIE/PASAPORTE (en vigor) de todos os membros da unidade de convivencia
- Certificado do centro educativo no que estea/n matriculad@/s @/s nen@/s.
- Fotocopia da declaración do IRPF do exercicio 2024, de cada un dos membros computables da
- unidade de convivencia. En caso de non estar obrigado a presentala, deberá achegar certificado negativo de facenda, certificado de imputacións de renda e xustificantes dos ingresos obtidos no ano 2024 (certificado empresa, certificado do SEPE, xustificante de pensión…)
- No caso de separación ou divorcio legal, copia da sentenza e do convenio regulador. En situacións de impago das achegas establecidas, copia da solicitude de execución de sentenza presentada ante o xulgado ou xustificante de inicio das actuacións.
- Pódese presentar xa neste intre a documentación acreditativa da xustificación da subvención (factura orixinal) co fin de axilizar a tramitación do expediente.
- Certificado de conta bancaria.
Xustificación e pagamento
O prazo de xustificación da axuda rematará o día 30 de outubro de 2025.
Procederase ao pago da axuda unha vez que os beneficiarios xustifiquen debidamente o importe da subvención concedida mediante:
- Factura orixinal ou copia cotexada do gasto realizado.

