NOVA TAXA ANUAL POLA RECOLLIDA DO LIXO ANO 2025
Os concellos que temos delegada na Deputación Provincial de Ourense as competencias de recollida e recadación da taxa do lixo, neste ano 2025 teremos unha tarifa base ANUAL de 79,95€.
Esta cantidade base pode verse bonificada, de cumprirse os criterios das tarifas reducidas por compostaxe doméstico e uso dos puntos limpos.
O obxectivo destas novas tarifas é incentivar a realización de compostaxe, reducindo a cantidade de materia orgánica que chega os contedores, e promover a entrega de residuos especiais nos puntos limpos, tratando de evitar os verquidos ilegais na vía pública.
TARIFAS
- TARIFA BASE: 79,95€ anual (19,98 €/trimestre)
- TARIFA REDUCIDA POR USO DE PUNTO LIMPO, MÍNIMO DÚAS VECES AO ANO(10% de redución): 71,94€ anual (17,99 €/trimestre)
- Dous xustificantes do ano anterior (nesta anualidade terán que ser do 2024), de entrega de residuos en calquera punto limpo da rede da Deputación de Ourense.
- TARIFA REDUCIDA POR REALIZACIÓN DE COMPOSTAXE EN PROXIMIDADE(30% de redución): 55,95€ anual (13,99 €/trimestre)
- COMPOSTAXE DOMÉSTICA: Será preciso achegar unha declaración responsable, referencia catastral da finca donde se composta e fotografías do composteiro (adquirido ou realizado polo solicitante).
- COMPOSTAXE COMUNITARIA: Non terá aplicación ata o ano 2026
- TARIFA REDUCIDA POR AMBOS CRITERIOS: 47,96€ anual (11,99 €/trimestre)
A presentación das solicitudes de bonificación poderanse realizar:
- Nas dependencias da Deputación (Oficina de rexistro, de luns a venres de 8:30 a 14:30)
- No Concello do Pereiro de Aguiar (Oficina de rexistro, de luns a venres de 8:30 a 15:00)
- Online, a través da sede electrónica da Deputación. A solicitude para a aplicación desta redución está no seguinte enlace: