O Instituto de Estudos do Territorio publicou no Diario Oficial de Galicia o 7 de xaneiro de
2026 a Resolución do 30 de outubro de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras
para a concesión, en réxime de concorrencia no competitiva, das axudas para actuacións
de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a persoas físicas (MT402A).
Actuacións subvencionables:
a) Actuacións de restauración e/ou revestimento de elementos de fachada.
b) Remate, renovación e/o substitución do acabamento exterior de cubertas.
c) Recuperación, restauración e/ou revestimento de muros de peche de terreos.
Prazo de presentación:
Desde as 12:00 h do vindeiro día 16 de xaneiro (venres) ata o 16 de febreiro de 2026.
Contía da axuda:
A contía da axuda será do 70 % do investimento subvencionable, co límite máximo de 3.000
€ por solicitante e ben.
Beneficiarios:
Persoas físicas titulares dun inmoble ou ben sobre o que pretendan realizar algunha/s das
actuacións establecidas na resolución de convocatoria.
Enlace á convocatoria:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260107/AnuncioG0192-091225-0001_gl.pdf

