- Número de prazas ofertadas: 70 (quenda de mañá ) 50 (quenda de tarde).
- Lugar de entrega das solicitudes: Rexistro das Oficinas Municipais ou pola sede electrónica.
- Os usuarios que desexen presentar a súa solicitude a través da sede electrónica poderán facelo dende as 9:00 h. do 1 de agosto ata as 14:30 h. o 16 de agosto de 2019.
- Prazo de entrega das solicitudes: do 1 ao 16 de agosto (ambos incluídos).
- Publicación das listas de admitidos por orde de inscrición: 29 de agosto, na páxina web do concello (www.concellopereiro.com) e no blog da aula (piratasdaauladabaixo.blogspot.com).
- Prazo de subsanación de erros: do 31 de agosto ao 4 de setembro (ambos incluídos).
- Publicación das listas definitivas: 6 de setembro na páxina web do concello (www.concellopereiro.com) e no blog da aula (piratasdaauladabaixo.blogspot.com).
- Requisitos:
- Estar empadroado/a no Concello do Pereiro de Aguiar (o/a neno/a e un proxenitor).
- Ser pai/nai traballador/a con incompatibilidade horaria para o coidado dos/as fillos/as.
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR
- Ficha de inscrición debidamente cumprimentada.
- Copia do DNI do/a pai/nai solicitante.
- Copia da tarxeta sanitaria d@ menor.
- Certificado/s de empresa, no/s que figure o horario laboral dos dous proxenitores.
- Vida laboral (ou outra documentación acreditativa da situación en activo, ou similar ) de ambos proxenitores.
- Os Autónomos: Recibo do último mes de pagamento da cota da Seguridade Social na que figure como autónomo.
- No caso de familias monoparentais: acreditación correspondente.
- Fotografía de carné d@ menor que utilice por primeira vez o servizo.
Non será necesario presentar aqueles documentos que non teñan experimentado variación respecto do ano anterior, e que xa estean en poder deste concello. Non obstante os referidos aos puntos 1, 4 e 5 deberán xuntarse obrigatoriamente.