Aprobar a ampliación da convocatoria para a cobertura de efectivos de Brigadas de prevención e defensa contra incendios forestais para este ano 2022, nas seguintes categorías profesionais:
- 1 Xefe de brigada
- 3 Peóns de Brigada
Segundo.- Abrir un novo período de presentación de instancias, durante un prazo de TRES DÍAS HÁBILES, contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente Resolución de Alcaldía na páxina web e no Taboleiro de Anuncios do concello.
Esta convocatoria está rexida polas BASES QUE REXERÁN A SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL NO CONCELLO DO PEREIRO DE AGUIAR PARA O ANO 2022
Ao abeiro do Convenio interadministrativo entre a Consellería do Medio Rural e a entidade local de Pereiro de Aguiar (O) para a realización de accións de prevención e defensa contra incendios forestais durante o ano 2022, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020”.
PODES CONSULTAR AS BASES ORIXINAIS AQUÍ
Sistema selectivo: CONCURSO – OPOSICIÓN
(Categorías profesionais: Xefe de Brigada, Peón condutor e Peóns de Brigada)