A Oficina Móbil de Retorno da Xunta de Galicia estará en O Pereiro de Aguiar

A Oficina Móbil de Retorno da Xunta de Galicia estará en O PEREIRO DE AGUIAR.

📆 Cando? o vindeiro mércores, 25 de febreiro
🕘 En que horario? de 9 a 14 horas
📍 Onde? Praza do Pereiro/Praza da Capela

🤔 Para garantir a túa atención pide cita na seguinte ligazón 👉🏼

Queres saber que servizos presta?
🔹 Asesoramento sobre programas de apoio ao retorno
🔹 Asistencia en trámites administrativos incluíndo xestións de temas relacionados coa sanidade, educación e seguridade social
🔹 Información tributaria
🔹 Orientación laboral, axudando na busca de emprego en Galicia e validación de títulos obtidos no estranxeiro
🔹 Información sobre opcións de vivenda

Achégate!